Obxectivos
O principal obxectivo das xornadas J-CLI é formar un foro social crítico para dar a coñecer tanto os aspectos laborais e os dereitos do sector da ciencia e da investigación, favorecer a concienciación colectiva e ofrecer unha canle de difusión e interacción dos distintos colectivos, asociacións e plataformas que representan ao persoal da investigación. As xornadas J-CLI son totalmente transversais e abertas, dirixidas aos distintos profesionais que compoñen o tecido traballador na investigación.
Imaxe: Alice Lex-Nerlinger (c.1929) Arm und Reich (Rich and Poor), photogram, silver gelatin print.

Sen ciencia non hai futuro, e sen dereitos non hai investigación. Por unha ciencia habitable.
Unha ciencia de coidados, apoios, interdependente, que sitúe a vida como o seu centro.
Unha ciencia crítica, colaborativa e participativa, cohesionada coa sociedade.
Unha ciencia interconectada, interdisciplinar, onde os dereitos abran o futuro da investigación.
Entra nesta ligazón se tes a app de Telegram descargada:
Información xeral
As xornadas J-CLI terán lugar o próximo mes de outubro de 2022 en tres sedes distintas: Santiago de Compostela, Valencia e Madrid. Ofrecemos un formato híbrido, coa posibilidade de asistir presencialmente ás actividades de cada sede, así como seguir as sesións telemáticamente vía streaming. A asistencia ás xornadas esixe rexistrarse mediante inscrición a cada unha das actividades de cada sede. Podes unirte á nosa canle de Telegram para recibir todas as novidades e actualizacións das xornadas.
Imaxe: Peter Alma. Beeldstatistiek, collage on paper, ca. 35 x 25 cm.

Organizadores
Piratas de la Ciencia
Participan e colaboran















